- Distancia 4km
- Dificultade alta
- tempo aprox. 5h
Esta ruta e o máis concorrido do Caurel. E atravesa o mellor bosque da zona, e unha xoia ecolóxica que requerería da posta en practica de programas de conservación.Partimos da aula de natureza de Moreda a que se chega dende a Ferrería Nova, preto de Seoane. A primeira do percorrido é doada, por unha pista ancha e vaixo un fabuloso souto. Logo comeza un ascenso cada vez máis cumplicado. Na parte baixa atopamos vexetación mediterránea ( ourego, tomentelo, aciñeiras, uz vermella) e pásanse varios desvíos que descenden os carrozos do val. Pola zona estan a Cova do Vello e a do Oso, por riba de Parada.
Axiña acadaremos a devesa, un bosque atlántico orientadoa o norte que o coloniza as pendentes do Formiguiros.
A Rogueira te tres km cadrados de superficie e constitúe un bosque en estado clímax cunha impresinante diversidade arbórea: freixos, teixos, acivros, carballos, (Quercus robur e Quercus petraea), abeleiras e faias, nunha das poucas localidades nas que se pode ver en Galicia. A fauna non desmerece a flora: os regatos que baixan formando ferbenzas acubillan especies endémicas no noreste peninsular, coma o triton ibérico ou a ra patilonga; a devesa protexe corzos,martas, denociñas, gatos bravos ou leiróns; entre as sves atopamos estreliñas riscadas, fereiriños cristados e subeliños, gaios ou pica follas cantores, e mesmo especies máis raras neste noroeste ibérico, coma o ferreiriño de caluga negra.
O ascenso por esta fraga que semella encantada, acada a sua plenitude no centro da devesa, onde estan os exemplares arbóreos máis espectaculares.

Aprece máis adiante un cruce de camiños. O ramal da esquerda atravesa o bosque para sair o Alto do Couto; a que hai que coller a sendeiro da dereita que sube a parte alta da devesa e a Fonte do Cervo, pero antes de chegar a ela hai que pasar por outro cruzamento. A esquerda chegase a Fonte de Cervo, formada por dous manantiales que brotan de unha parede rochosa: un de auga ferruxinosa e outro de auga calcária. Un vez rebasadas as fontes o sendeiro segue ascendendo hacia o cumio do Formigueiros.


